12/11/2007

¿Quen posúe a quen?

Hai un anuncio coa voz en off de Julio Cortázar, recitando un dos seus sorprendentes e enigmáticos relatos, incluído en Historias de Cronopios e de Famas (1962). O relato, reproducido na campaña de Seat, Preámbulo ás instrucións para dar corda ao reloxo.

O que a mensaxe introduce é a inversión dos papeis entre o produto e o consumidor: quen posúe a quen?, somos nós os posuídos polo obxecto?.

Porén, o texto de Cortázar vai máis alá do mero acto de consumir, de ser posuído. O anuncio provoca unha adaptación ao seu propio discurso publicitario, onde as imaxes que acompañan á voz en off axudan a construír a mensaxe final.


No hay comentarios: