2/17/2008

Lacan segundo Hollywood

A dúbida de House



U
n dos problemas que inquedaba ao filósofo Descartes era o problema da realidade. Como saber que non nos equivocamos cando cremos nalgo? Como estar seguros de que os "sentidos" non nos enganan? Como distinguir o soño da realidade? E se un ser poderoso nos enganara constantemente?

O doutor House enuncia estes interrogantes. Ás veces pódese ter un soño tan real que pareza verdadeiro, ou unha alucinación moi forte. O seu interlocutor recoméndalle que non actúe, que só pense. É mellor suspender o xuízo, facer unha dúbida metódica. Partir de cero. E así tratar de chegar a algunha idea "clara e distinta" tan só pensando. Porque se pensa cando menos pode saber que é un ser pensante, que por iso mesmo é algo que ten existencia.